Aberto o prazo de inscrición para o V Campus S.D. Xove F.S. de Fútbol Sala Mixto

5CampusFutsalXove

A Sociedade Deportiva Xove Fútbol Sala organiza, logo do éxito das pasadas edicións, o seu V Campus de Fútbol Sala Mixto do 4 ao 8 de Xullo de 2016, ambas datas incluídas.

O evento está dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2000 (ambos os dous incluídos) que queiran gozar durante 5 días do fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas complementarias, que estarán supervisadas e dirixidas por profesionais titulados no ámbito deportivo e da educación.

Os interesados en inscribirse ou obter máis información poden facelo dende hoxe mesmo chamando ou enviando un whatsapp ao 609 86 09 62, mandando un correo electrónico a sdxovefs@gmail.com ou seguindo as instrucións que se indican nesta páxina web.

Triptico2016-1

Triptico2016-2

Publicado en Campus | Etiquetado , , | Deja un comentario